Aproban un novo procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, cun tipo de licitación de 9.240.000 euros

Aproban un novo procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, cun tipo de licitación de 9.240.000 euros
Aproban un novo procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, cun tipo de licitación de 9.240.000 euros

En sesió extraordinaria

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou a aprobación da nova apertura do procedemento de adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, o SAF, así como a publicación dun novo anuncio de licitación con apertura dun novo prazo de presentación de proposicións. O novo prego establece un tipo de licitación de 9.240.144,22 euros, IVE engadido.

Esta cantidade constitúe o orzamento máximo de gasto para a realización das prestación consonte aos prezos ofertados durante o prazo de duración do contrato. Os licitadores realizarán as súas ofertas á baixa sobre o prezo/hora máximo fixado que ascende á cantidade de 18,15 euros sen IVE (IVE 4%: 0,73 euros). O importe resultante desta contratación satisfarase con cargo aos orzamentos do Concello de Santiago de Compostela, dividido nas anualidades de

2021 (11 meses por importe de 2.818.454,94 euros, IVE engadido).

2022 (12 meses por importe de 3.080.048,07 euros, IVE engadido).

2023 (12 meses por importe de 3.080.048,07 euros, IVE engadido).

2022 (1 mes por importe de 261.593,13 euros, IVE engadido).

As empresas que presentaron oferta co anterior prego (ofertas que non foron abertas) poderán retirar esta e presentar, se o estiman oportuno, unha oferta conforme ás novas condicións.

Na reunión do executivo local tamén se acordou adxudicar o contrato de subministración de diversos vehículos para Protección Civil do Concello de Santiago, divididos en tres lotes: lote I, un vehículo todoterreo; lote II, un vehículo tipo furgoneta; e lote III, un vehículo todocamiño.

O lote I adxudicouse á empresa BREOGAN MOTOR SL, que oferta un importe de 34.674,51 euros IVE aparte. O lote II a M. CAEIRO, S.A, que oferta un importe de 21.909,10 euros IVE aparte. E o lote III, tamén recaeu na empresa BREOGAN MOTOR SL, que oferta un importe de 32.577,69 euros IVE aparte. Estas tres ofertas eran as máis vantaxosas das presentadas.

Por último, deuse conta da reducción de aforo nos vehículos adscritos ao transporte colectivo urbano. 

Comentarios
Lo más