Esta sábado a ilustración toma a rúa do Vilar de Santiago de Compostela

Esta sábado a ilustración toma a rúa do Vilar de Santiago de Compostela
Esta sábado a ilustración toma a rúa do Vilar de Santiago de Compostela

MiiC na Rúa tamén conta coa colaboración de Afundación Obra Social e Xunta de Galicia.

 A iniciativa denominada MiiC na Rúa é unha actividade impulsada polo Concello de Santiago de Compostela dentro do marco da III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que ten lugar na Sede Afundación, sita no número 19 da rúa do Vilar. Foi presentada esta mañá en rolda pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e pola comisaria da mostra, Matilde Rodríguez.

Abi Castillo, Agustina Shuan, Hector Pichel, Iris Branco, Óscar Raña e Tayone, serán os artistas encargados de intervir artisticamente seis escaparates da devandita rúa. As intervencións serán de carácter simultáneo e terán lugar dende ás 16h ata as 21h da tarde. Establecementos como a emblemática Sombrerería Iglesias, a librería San Pablo ou a tenda de complementos Espadela, son algúns dos seis establecementos que forman parte do proxecto.

Mercedes Rosón salientou a importancia desta iniciativa nun momento de incerteza como o actual, moi necesaria para "seguir dinamizando a cidade e seu comercio a través da cultura".

As intervencións poderanse ver ata o vindeiro 21 de decembro, e irán acompañadas dun código QR onde o viandante poderá acceder a toda a información da actividade e a unha ruta gps que localiza todos os establecementos da iniciativa.

"Miic na Rúa busca dinamizar o espazo público que rodea á mostra, poñendo así, por un lado, o foco no comercio local da zona vella, tendo en conta a situación tan difícil na que se encontran hoxe por mor da pandemia; e por outro, achegar a ilustración ao día a día do centro histórico de Santiago de Compostela, entendendo a rúa do Vilar como unha extensión da propia exposición". Afirma Matilde Rodríguez, comisaria da III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.


Comentarios