Lucirá o sol en Compostela

Lucirá o sol en Compostela
Lucirá o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 17 graos

O venres continuaremos con influencia anticiclónica e con circulación do nordés. Agárdase así tempo seco con ceos pouco nubrados en xeral, con formación de néboas matinais en vales do interior. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentras que as máximas continuarán sen cambios. O vento soprará frouxo do nordés, sendo moderado entre Bares e Fisterra.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más