O Concello concede a Cogami unha parcela para a construción da súa sede e a de tres centros de emprego

O Concello concede a Cogami unha parcela para a construción da súa sede e a de tres centros de emprego
O Concello concede a Cogami unha parcela para a construción da súa sede e a de tres centros de emprego

alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Confederación galega de persoas con discapacidade, Anxo Queiruga, formalizaron esta mañá no Pazo de Raxoi a concesión dunha parcela, sita no SUNP-4 das Cancelas, para a construción da sede de Cogami, de Galega de Economía Social (GES), así como a dos centros de emprego Combina Social e Activa. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Na parcela ubicarase a sede de Cogami, de Galega de Economía Social e dos centros de emprego Combina Social e Activa, facilitando non só a accesibilidade, senón tamén a "visibilidade" das entidades alí presentes, como sinalou Sánchez Bugallo, xa que a finca se atopa no barrio das Cancelas, preto do centro comercial e do Camiño Francés.

O presidente de Cogami, Anxo Queiruga, agradeceu a colaboración e a disposición do Concello e lembrou a importancia de combinar a "parte social e a empresarial". Entre Cogami e GES, lembrou, "somos 1.200 persoas empregadas, o 92% con algún tipo de discapacidade". Pola súa banda, o alcalde fixo fincapé na importancia das entidades sociais: "chegades a onde non chega a administración".

O solar obxecto de concesión (a parcela EQ-Leste do SUNP-4 das Cancelas), propiedade do Concello de Santiago en virtude do proxecto de compensación do devandito solo, conta cunha superficie de 2.163 m2. O acordo que recolle esta concesión demanial foi aprobado pola Xunta de Goberno local na sesión do pasado 5 de outubro.

A presente concesión outórgase por un período de vintecinco anos, prazo que poderá prorrogarse, previa declaración expresa, por períodos consecutivos de dez anos cada un mentres se manteñan os fins para os que foi concedida a parcela. En todo caso o período máximo desta concesión administrativa non excederá de 75 anos (prazo máximo legal previsto pola normativa).

Ao Concello de Santiago corresponderalle a titularidade do inmoble, no entanto, co outorgamento desta concesión, a Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI), ostentará un dereito real sobre a edificación que se constrúa na parcela obxecto de concesión, correspondendo á entidade, a administración, conservación, mantemento e demais actuacións que require o correcto uso e utilización deste inmoble. 

Comentarios
Lo más