A área sanitaria compostelá, ‘Best in class’

A área sanitaria compostelá, ‘Best in class’
A área sanitaria compostelá, ‘Best in class’

Na XV edición dos Premios Best in Class (BIC) a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza  é finalista en 17 categorías 

A calidade asistencial, a innovación e a atención ao doente dos traballadores da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza foi novamente recoñecida na selección de finalistas dos prestixiosos premios BIC (Best in Class), promovidos anualmente polo diario de información sanitaria Gaceta Médica e a cátedra de Innovación e xestión sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos, coa finalidade de “promover a calidade asistencial nos hospitais e centros de saúde”.

Na XV edición dos Premios Best in Class (BIC) a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza  é finalista en 17 categorías. Significa que está entre os 5 mellores de España  nas categorías de: mellor servizo de Atención Primaria o Centro de Saúde da Estrada; mellores servizos:

Cardioloxía, Microbioloxía, Nefroloxía, Pneumoloxía, Neuroloxía, Oncoloxía, Dixestivo, Reumatoloxía e Traumatoloxía; mellores unidades:   Asma,  Enfermidades Infecciosas de Pediatría, Esclerose Múltiple, Farmacia Hospitalaria Oncolóxica, Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista e Investigación en Oncoloxía. como Mellor Proxecto de Humanización de Asistencia.Sanitaria  escolleron como finalista  “Construíndo o coidado” da Unidade de Demencias,do Servizo de Neuroloxía do CHUS.

“Construíndo o coidado. Grupo hospitalario interdisciplinar de apoio a coidadores de pacientes con demencia”

Proxecto de atención e apoio ao coidador de enfermo con Alzheimer e outras demencias, levado a cabo a través dun grupo hospitalario cuxo carácter interdisciplinar pretende contribuír a aminorar o  deterioro físico, emocional e de saúde que sofren os coidadores, pacientes ocultos que con frecuencia desenvolven patoloxías, moitas veces infradiagnosticadas. O obxectivo do programa é conseguir que os coidadores sexan capaces de implementar pautas de coidado que redunden tanto na conservación da súa saúde como na ralentización do deterioro do enfermo e, por outra parte, contribuír a que desenvolvan o seu labor co  mínimo desgaste emocional. Ao tempo,  propón dar formación e información aos coidadores en destrezas e habilidades relacionadas co seu traballo, co fin de que instauren pautas de coidado adecuadas para o beneficio do  paciente con demencia. En definitiva, un proxecto de base sociosanitaria encamiñado a buscar a excelencia no trato ás persoas e a paliar a carga asistencial.

O obxectivo destes premios é recoñecer publicamente ao mellor centro de Atención Primaria, ao mellor hospital e aos mellores servizos e unidades estatais, tanto públicos coma privados, que buscan a excelencia na atención que lle prestan aos seus pacientes.

A concesión dos premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable dos datos recollidos nos cuestionarios de autoavaliación cumprimentados polos hospitais e centros de atención primaria.

A Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad  Rey Juan Carlos e as distintas sociedades científicas colaboran dando rigor e independencia ao sistema de avaliación da calidade asistencial.

O traballo desenvolvido polos profesionais da área sanitaria compostelá cunha longa tradición de recoñecementos nestes premios. Repiten, por segundo ano consecutivo, como finalistas: Dixestivo, Esclerose Múltiple, Farmacia Hospitalaria oncolóxica, Investigación en Oncoloxía, Microbioloxía, Oncoloxía, Nefroloxía, Pneumoloxía, Neuroloxía, Enfermidades Infecciosas de pediatría, Reumatoloxía, Cardioloxía, e o Centro de Saúde da Estrada.


A organización dos Premios BIC só fai públicos os gañadores e finalistas en cada categoría. Os gañadores reciben un diploma acreditativo nun acto público e a prestación dun servizo que lles sirva de ferramenta de mellora continua. Ademais, os gañadores e finalistas forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente.

Debido ás restricións derivadas da crise sanitaria por causa do COVID-19, a gala na que se coñecerán os gañadores dos premios será virtual. Terá lugar o próximo 17 de decembro ás 16.30 horas e poderá seguirse a través da páxina  da Gaceta Médica. 

Comentarios
Lo más