Hostalaría Compostela non se suma ao acordo sobre as axudas alcanzado pola Xunta e o sector

Hostalaría Compostela non se suma ao acordo sobre as axudas alcanzado pola Xunta e o sector
Hostalaría Compostela non se suma ao acordo sobre as axudas alcanzado pola Xunta e o sector

A Asociación considera que as cuantías seguen sendo insuficientes e que o Goberno galego debería aclarar como será a volta ao traballo

O representante da Asociación Hostalaría Compostela que asistiuá reunión da mesa de diálogo coa Xunta de Galicia decidiu non sumarse ao acordo alcanzado con outros representantes do sector posto que, aínda que valoran o esforzo do Goberno galego por aumentar as cuantías das axudas, seguen considerando que son insuficientes e que o rescate da hostalaría galega non se pode limitar a un balón de osíxeno no momento actual. 

“Precisamos un acordo global que nos indique como se vai a traballar e que solución se lle dá a aqueles locais que non van poder facelo”, sosteñen en Hostalaría Compostela. “O obxectivo é traballar coas medidas hixiénico e sanitarias que se consideren e ter unha alternativa incluso de reconversión para aqueles establecementos que se lle prevé dificultades por razón de espazo”, engaden. 

Por outra banda, e en base aos datos obxectivos actuais da pandemia, solicitan que se revisen as restricións impostas en Santiago e nos concellos da súa área que teñan unhas cifras máis favorables. Hostalaría Compostela recorda que segue aberta ao diálogo e que a saúde e a vida teñen a máxima prioridade pero tamén é necesario buscar un equilibrio que garanta a supervivencia dos negocios e, polo tanto, de todas as familias que viven deles.

Comentarios
Lo más