Sábado baixo o sol en Compostela

Sábado baixo o sol en Compostela
Sábado baixo o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 17 graos

O sábado seguiremos coas altas presións ao norte da península Ibérica impedindo a chegada de novas frontes. Así, os ceos continuarán pouco nubrados, con algunhas nubes altas ou despexados. As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. O vento soprará moi frouxo de compoñente oeste, moderado no litoral norte.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente.



Comentarios
Lo más