Piden un plan de futuro para a peonalización

Piden un plan de futuro para a peonalización
Piden un plan de futuro para a peonalización

Os Populares piden ao Goberno local que informe de como está a funcionar a peonalización do Ensanche e que se pondere e suavice a peonalización de Mazarelos

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular, María Castelao, pide que, no vindeiro Pleno ordinario, tras o tempo transcorrido e á vista dos resultados percibidos, o Goberno de Sánchez Bugallo faga unha avaliación da medida de peonalización posta en marcha en varias rúas do Ensanche desde o pasado mes de maio e que explique tamén que previsións manexa para o futuro.

Para a Popular, en principio, trátase dunha medida ben intencionada, pero considera que á vista da experiencia acumulada o resultado resulta claramente cuestionable, dándose situacións como que, aínda que o estacionamento de vehículos en superficie nesas rúas non está permitido durante ese período de peche, non resulta estraño ver nesas zonas vehículos aparcados e outros circulando na procura de aparcamento, mentres a meirande parte da poboación non fai uso da calzada para camiñar, facéndoo pola beirarrúa como no resto da semana.

A maiores, subliña a concelleira, “temos constancia da opinión de propietarios de establecementos comerciais que non consideran beneficiosa esta reestruturación da circulación rodada”.

Escolares de infantil do colexio das Orfas

Por outra banda, o concelleiro Popular, José Antonio Constenla, presentará neste mesmo Pleno unha moción para que o Goberno local permita o paso e parada para os vehículos que transportan a escolares de infantil (ata seis anos) do colexio das Orfas, a través da Praza de Mazarelos, e que, en colaboración co colectivo afectado, procure unha fórmula alternativa que resulte segura e cómoda para o traslado doutros menores de primaria que cursan estudos nese centro. “Un proceso de humanización do entorno non impide tomar en consideración as necesidades do traslado escolar dos máis pequenos”.

Praza de Abastos

Así mesmo, e á vista das queixas de comerciantes e usuarios da Praza de Abastos, os populares instarán ao Goberno local a que se cumpra o acordo plenario que esixía “facer previamente un estudo e identificar primeiro os problemas de servizo e de mobilidade” que suporía a peonalización a fin de valorar a oportunidade da mesma.

Comentarios
Lo más