Os 20 alumnos que participaron no Obradoiro de Emprego de Touro, Boqueixón e Vedra xa están listos para dar o salto ao mercado laboral

Os 20 alumnos que participaron no Obradoiro de Emprego de Touro, Boqueixón e Vedra xa están listos para dar o salto ao mercado laboral
Os 20 alumnos que participaron no Obradoiro de Emprego de Touro, Boqueixón e Vedra xa están listos para dar o salto ao mercado laboral

No eido das repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e conservación dos montes 

 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, clausurou esta mañá na Casa da Cultura de Touro, en Fonte Díaz, o obradoiro de emprego Ulla, Boqueixón, Touro, Vedra 2019, no que participaron 20 alumnos e que contou con dúas especialidades repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Este curso para desempregados contou cun investimento de máis de 400.000 euros. Os 20 alumnos xa están listos para dar o salto ao mercado laboral. 

Trenor apuntou que despois de algo máis dun ano de formación, xa que estes cursos se pospuxeron durante os meses de confinamento e se retomaron cumprindo coa duración establecida inicialmente, “agora toca saír a buscar un emprego co aval da mellor formación nunha área na que existe unha gran demanda”. 

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, agradeceu á Xunta o apoio para poñer en marcha este obradoiro de emprego e desexoulle ao novo delegado, que por primera vez desde que asumiu o cargo visitaba o Concello de Touro, éxitos no desempeño das súas tarefas. “Pedímoslle que, como ata o de agora, dende a Administración autonómica sigan mirando polo rural, sigan apostando e investindo nos concellos pequenos”, apuntou a modo de solicitude. Tamén estiveron presentes o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e o de Boqueixón, Manuel Fernández. 

O delegado da Xunta, pola súa banda, recalcou que agora “estades mellor preparados ca nunca para conseguir un posto de traballo o para emprender proxectos propios porque contades cun título oficial válido en toda España que acredita a vosa preparación”. Neste senso, desexoulles aos participantes o mellor nestes meses de tantas dificultades e animou aos alumnos a poñer empeño e vontade para acadar os seus obxectivos. 

O representante do Goberno autonómico lembrou a dobre utilidade destes cursos porque “por unha banda ofrecen aos participantes unha remuneración que lles permite poder poñer toda a atención na súa formación teórica e por outra, na parte práctica, céntranse en actuacións e na prestación servizos municipais polo que son moi valorados polos propios concellos que son os encargados da organización e da selección do profesorado e dos participantes”. 

Durante a súa intervención, Trenor lembrou que a Xunta de Galicia aprobou a nova convocatoria de obradoiros e puntualizou que na comarca de Santiago está prevista a realización de oito talleres de formación cinco ordinarios duais e tres de garantía xuvenil, concretamente os ordinarios celebrarase en Ordes compartido con Frades e Mesía; en Santiago de Compostela; en Boqueixón, compartido con O Pino, Touro e Vedra; en Ames compartido con Brión e en A Baña compartido con Negreira, Santa Comba e Val do Dubra e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Negreira, compartido con A Baña, Santa Comba e Val do Dubra; en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Santiago de Compostela . A Xunta achega máis 2,7 millóns de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes. 

Os cursos que se impartirán son moi variados: repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, confección de páxinas web, desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web, desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos, limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, pintura decorativa en construción, fábricas de albanelería e actividades auxiliares en viveiros e xardíns. 

Comentarios
Lo más