Volve a chuvia a Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 14 graos
O martes Galicia perderá a influencia anticiclónica debido á chegada dunha fronte polo oeste. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvias que comezarán durante a mañá no litoral oeste e pola tarde chegarán ás provincias da Coruña e Pontevedra. Xa pola noite os chuvascos serán probables en calquera punto da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente sur, forte no litoral a partir do mediodía.
En Santiago, teremos ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o martes e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.