Os test de antíxenos chegan a Santiago para axilizar a detección de novos casos

Os test de antíxenos chegan a Santiago para axilizar a detección de novos casos
Os test de antíxenos chegan a Santiago para axilizar a detección de novos casos

Tamén se está a empregar este sistema de detección nos servizos de urxencias hospitalarias desde o pasado mes

Os centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza empezan a dispor de test de antíxenos para a detección de Covid-19 nos doentes que manifesten síntomas compatibles con esta patoloxía con 5 ou menos días de evolución. Paulatinamente, nos vindeiros dias en máis de 50 puntos de atención primaria da área de Santiago iniciarase o seu uso por parte do persoal de enfermería e baixo prescrición facultativa, implantándose o seu uso rutineiro na vindeira semana.

Desde o pasado mes de outubro o Centro de Saúde de Ribeira iniciou a pilotaxe para a utilización desta proba en atención primaria con resultados moi satisfactorios, ao tempo que tamén a realizaban nos servizos de urxencias do Hospital Clínico e no da Barbanza. Hoxe realizaron os primeiros test no centro de Saúde de A Estrada e desde mañá no centro de saúde e consultorios do concello Muros.

Este tipo de test consiste nunha técnica que se realiza no mesmo punto da atención sanitaria e, trala toma da mostra. cun procedemento sinxelo proporciona un diagnóstico fiable nuns 15 ou 20 minutos. Preséntase en pequenos kits que conteñen todo o material necesario para facer as determinacións individualmente.

Comentarios
Lo más