Máis de 4.000 sinaturas para a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

Máis de 4.000 sinaturas para a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago
Máis de 4.000 sinaturas para a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

Membros da Plataforma pola creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Compostela rexistraron no rexistro xeral da Xunta de Galicia as sinaturas recollidas polo colectivo antes do inicio da pandemia.Os membros da plataforma non ocultaban a ledicia que lles produxo tanto apoio recibido, xa que a posta en marcha dun centro de estudos profesionais de danza en Compostela evidencia un “desexo social”.

Membros da Plataforma pola creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Compostela rexistraron no rexistro xeral da Xunta de Galicia as sinaturas recollidas polo colectivo antes do inicio da pandemia.

Os membros da plataforma non ocultaban a ledicia que lles produxo tanto apoio recibido, xa que a posta en marcha dun centro de estudos profesionais de danza en Compostela evidencia un “desexo social”. Detrás das 4000 sinaturas recadadas, tanto en papel como en internet, hai xente de todos os ámbitos relacionados coa danza, dende profesionais, familias, alumnado, docente, etc. Todos cun único obxectivo; a necesaria creación dun centro de danza que xa leva máis de 14 anos de retraso.

A Plataforma botou a andar logo da aprobación, no pleno do Concello de Santiago, dunha iniciativa do BNG que recollía o compromiso de colaboración coa Xunta de Galicia para a creación dun conservatorio profesional de danza na cidade.

A entrega de sinaturas en dependencias da Xunta de Galicia é unha iniciativas máis das realizadas pola plataforma, logo das últimas entrevistas mantidas cos grupos parlamentares de BNG e PSOE (o PP negóuse arecibilos). Ao mesmo tempo, membros da plataforma anuncian que levarán a cabo novas iniciativas para conquerir máis apoios e facer ver ao goberno galego a necesidade e oportunidade de contar cunhas instalacións de titularidade autonómica para o centro-sur do país. Na actualidade, a Consellería só conta cun único conservatorio de Danza, na cidade de Lugo, onde se imparten os graos elemental e profesional nas especialidades de Danza Clásica e Contemporánea.

Na entrega de sinaturas estiveron representados os distintos sectores, profesionais da danza, docentes, familias e alumnado.

Comentarios
Lo más