Pleno sol en Compostela

Pleno sol en Compostela
Pleno sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 16 graos

Durante o venres Galicia estará baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados ou con algunha nube de tipo medio e alto, máis probable canto máis ó sur e ó leste. As temperaturas mínimas estarán sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente leste en xeral.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o xoves pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.

Comentarios