Máis dunha vintena de investigacións abordarán a ruta xacobea grazas á Cátedra do Camiño e das Peregrinacións

Máis dunha vintena de investigacións abordarán a ruta xacobea grazas á Cátedra do Camiño e das Peregrinacións
Máis dunha vintena de investigacións abordarán a ruta xacobea grazas á Cátedra do Camiño e das Peregrinacións

As conclusións dos diferentes proxectos daranse a coñecer nunha feira expositiva que se desenvolverá en 2021 con gallo do Ano Santo

A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, acaba de resolver a concesión de 21 proxectos de investigación que contribuirán á abordaxe da ruta xacobea dende unha perspectiva interdisciplinaria. As principais achegas destas investigacións daranse a coñecer nunha feira expositiva que terá lugar en 2021 co gallo da celebración do Ano Santo.

As iniciativas elixidas servirán para poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de persoas, entidades, institucións e universidades involucradas no estudo do Camiño; e deberán desenvolverse entre o 1 de febreiro e o 30 de abril do ano 2021. A aplicación de tecnoloxías de intelixencia artificial para a detección automatizada de percepcións sobre o Camiño de Santiago, con especial atención ao contexto COVID-19, será unha das liñas de investigación que se desenvolverán ao abeiro desta convocatoria. Xunto a ela, realizaranse análises da oferta gastronómica galega, da educación patrimonial, así como das redes sociais para coñecer a experiencia co Camiño de Santiago do peregrino intelixente 4.0.

As tradicións orais, a creación dunha base de datos de peregrinos do século XIX, ou a elaboración dun fondo bibliográfico sobre Turismo e Camiño, entre outros, serán algunhas das cuestións abordadas.

Comentarios
Lo más