Volven as nubes a Compostela
08:00 28/11/20
08:00 28/11/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 15 graos
Durante o sábado unha borrasca situarase ó oeste de Galicia. Así, teremos un día de ceo con nubes de tipo medio e alto, con máis nubes ao final da xornada e precipitacións que comezarán pola metade sur do territorio. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o sábado e o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.