Alumnos CEP Ventín desfrutaron co espectáculo de contos “Un caso azul”

Alumnos CEP Ventín desfrutaron co espectáculo de contos “Un caso azul”
Alumnos CEP Ventín desfrutaron co espectáculo de contos “Un caso azul”

Con motivo da celebración do Día da Diabetes

O Concello de Ames integrou na súa programación para  celebrar o Día Mundial da Diabetes, o pasado 14 de novembro, un contacontos infantil. Raquel Queizás, integrante da Asociación ANEDIA, impartiu no CEIP de Ventíno espectáculo “Un caso azul”, un conto para informar aos alumnos sobre esta enfermidade e eliminar prexuízos.

Raquel Queizás, nai dunha nena de 10 anos con diabetes, colabora coa Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes en Galicia (ANEDIA) do xeito que mellor sabe, narrando historias.

O Concello de Ames contou co seu espectáculo para completar a programación co motivo de celebración do Día Mundial da Diabetes, o pasado sábado 14 de novembro. Deste xeito, a actriz puxo en escena o contacontos  “Un caso azul” para os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria  do CEIP Ventín o xoves 26. Ás 12.00 horas, a sesión volveuse a repetir de xeito virtual para que o resto de alumnado puidese gozar desta actividade por estrampina.

Neste conto, onde a protagonista e unha detective, vaise descubrindo como o caso xira ao redor dunha persoa con diabetes. Os rapaces e rapazas, a través da técnica do teatro foro, pasaron de ser espectadores a transformarse en “espectadores” para conseguir simpatizar e propor solucións a conflitos que a veces xera  o descoñecemento.

O obxectivo deste espectáculo é explicar aos nenos e nenas maiores de 7 anos, de forma sinxela,  en que consiste a diabetes e familiarizalos cos síntomas máis comúns. Ademais, dunha maneira lúdica e atractiva, preténdese proporcionar unhas pautas de actuación para que poida apoiar ás persoas con diabetes do seu entorno. Por un lado, Queizán preténdese,  a través deste contos, axudar aos menores con esta doenza para que a acepten máis facilmente diante dos compañeiros e, por outro, dar ferramentas ao profesorado para poder xestionar as distintas situacións e emociones que pode provocar a diabetes na aula.

Coa diabetes na mochila

Esta sesión enmárcase, xunto co outro espectáculo de Queizán dirixido a nenos e nenas de infantil, “Ano ten diabetes”, enmarcado no proxecto de ANEMIA, “Coa diabetes na mochila”.

O CEIP Ventín ten dúas alumnas que padecen esta doenza e, por este motivo, o corpo educativo conta con dúas educadoras, Bea e Ila, que se encarga de facilitarlles o día a día. As familias das rapazas, quixeron destacar a súa labor xa que, segundo afirma Queizán, poucos centros educativos teñen este tipo de profesionais.


Raquel Queizás comezou con esta iniciativa tras coñecer o caso 2 caso dunha das nenas da asociación, que sufría rexeitamento por parte dos compañeiros e dos profesores. Por medo a que contaxiara, non lle permitían ir ao comedor escolar e non a invitaban aos aniversarios dos compañeiros/as, “ a falta de información fai que a xente sexa moi cruel”, asegura a actriz.

Os alumnos e alumnas do Ventín acolleron, curiosos, o espectáculo “Un caso azul”. “Parécelles impresionante como poden axudar e saber o que hai que facer cando alguén ten o azucre baixo”.

Comentarios