Lanzan unha campaña para que ningún neno e nena quede sen ordenador para as clases virtuais

Lanzan unha campaña para que ningún neno e nena quede sen ordenador para as clases virtuais
Lanzan unha campaña para que ningún neno e nena quede sen ordenador para as clases virtuais

A asociación Asdegal procura así contrarrestar a fenda social e a desigualdade dixital.

A asociación Acción Solidaria de Galicia (Asdegal) puxo en marcha un novo programa para conseguir ordenadores destinados a nenos de colexios de Santiago de Compostela que os necesiten.


A actual pandemia e o confinamento, lembran, provocaron que a fenda social aumentara e, por tanto, a desigualdade dixital tamén é maior.  Desde a organización consideran "esencial" que cada alumno poida asistir ás súas correspondentes clases sen ningún tipo de impedimento, algo para o que son necesarios, sobre todo, ordenadores ou tablets. Esta asociación encargarase de repartir entre os diferentes centros os aparellos tecnolóxicos recadados, sexan novos ou usados.

Todas aquelas persoas que queiran participar deberán porse en contacto coa organización enviando un e-mail a: teretabr@asdegal.org ou un whatsapp ao número 638 421 100.

 Tamén poden utilizar ambos os soportes para preguntar calquera tipo de dúbida en relación a esta campaña. 

Comentarios
Lo más