A Baña reclama o reforzamento do persoal sanitario e da atención telefónica do centro de saúde

A Baña reclama o reforzamento do persoal sanitario e da atención telefónica do centro de saúde
A Baña reclama o reforzamento do persoal sanitario e da atención telefónica do centro de saúde

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, remitiulles hoxe senllos escritos ao director de Atención Primaria de Santiago e á xerente da área sanitaria de Santiago para informalos do colapso que sofre o centro de saúde bañés e reclamar máis recursos

O Concello da Baña remitiulle hoxe senllos escritos a Felipe Calle, director de Atención Primaria de Santiago; e a Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago, para solicitar o reforzamento do cadro de persoal do centro de saúde do municipio e máis da atención teléfonica.

Nun escrito, asinado polo alcalde, José Antonio Pereira, o Concello informa aos responsables do Sergas en Santiago do colapso que está sufrindo estes días o centro de saúde da Baña por causa de chamadas vencelladas á incidencia da covid-19 e o cumprimento da corentena por parte dalgún dos membros do persoal sanitario.

Estas circunstancias, subliña o alcalde, provocan que os sanitarios que están traballando “non sexan quen de atender a todos os doentes que necesitan citas ou consultas”. Por iso, e facéndose eco do malestar e os prexuízos que a situación lle está ocasionando á veciñanza, reclama máis recursos de persoal que permitan atender os servizos presencial e telefónico do centro de saúde da Baña.

Comentarios