Comezan a aparecer as nubes en Compostela

Comezan a aparecer as nubes en Compostela
Comezan a aparecer as nubes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 14 graos

Galicia continuará durante o martes baixo influencia anticiclónica, coa chegada dunha fronte pouco activa polo norte cara á noite. Con esta situación, comezaremos a xornada con bancos de néboa illados en zonas de interior que darán paso a ceos despexados ou con algunhas nubes altas. Á tarde aumentarán progresivamente as nubes que deixarán chuvias no terzo norte durante a madrugada. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos do nordés, aumentando en intensidade no litoral cara á noite.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.



Comentarios
Lo más