O centros de saúde de Oroso e Santa Comba aumentan o número de médicos

O centros de saúde de Oroso e Santa Comba aumentan o número de médicos
O centros de saúde de Oroso e Santa Comba aumentan o número de médicos

Este aumento de facultativos encádrase no Plan de Atención Primaria, que está a desenvolver a Consellería de Sanidade, e que prevé un crecemento de 8 facultativos en 2021

A xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza incrementou 5 prazas de Médicos de Familia neste ano dentro do cumplimento do Plan de Atención Primaria que está a desenvolver a Conselllería de Sanidade. Así, hoxe mesmo inician a súa actividade os novos facultativos de Oroso e Santa Comba, mentres que principios do mes de xaneiro ampliarase o cadro médico en Ordes. Neste ano tamén medraron os efectivos en Melide e en Ribeira. E o incremento en 2021 será de 8 médicos novos.

Esta mañá achegouse ata o centro de Saúde de Oroso a xerente da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez xunto a director de Atención Primaria, Felipe Calle e a directora de Enfermería, Vitoria Carral. O incremento de profesionais nos Centros de Saúde obedece a decisións técnicas, baseadas na análise de diferentes indicadores como o número de tarxetas sanitarias, e o conseguinte promedio de doentes por Médico de Familia, nun Centro de Saúde; o promedio de doentes maiores de 65 anos por facultativo ou a carga asistencial media, entre outros. A dispersión poboacional, a extensión ou o número de entidades locais dentro do concello tamén se teñen en conta xa que a maior distancia se precisa máis tempo para o desenvolvemento da atención a domicilio.

A concreción do crecemento dos efectivos necesarios escálase en función do estudo de necesidades así como da posibilidade real de cubrir a praza dada a escaseza de Médicos de Atención Primaria en lista de contratación que hai no ámbito nacional.

 

Comentarios
Lo más