Alivio nas restricións pola COVID na área de Santiago, Ames e Teo

Alivio nas restricións pola COVID na área de Santiago, Ames e Teo
Alivio nas restricións pola COVID na área de Santiago, Ames e Teo

Pasan a nivel 2 e mañá concretarán en roda de prensa

O Comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, vén de levantar as restricións especiais nos concellos de Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Ares e A Estrada; ademais de acordar a incorporación dos municipios da Guarda e As Pontes á listaxe de concellos con medidas especiais.

Tras avaliar a boa evolución epidemiolóxica rexistrada nas áreas perimetrais conformadas por Santiago-Ames-Teo e Ourense-Barbadás-Pereiro de Aguiar, o Comité clínico decidiu diminuír as medidas restritivas nestes concellos, nos que voltarán a ter vixencia as restricións de tipo xeral. Do mesmo xeito, as localidades da Estrada e Ares, tamén verán diminuídas as súas restricións, retornando ao nivel 2 de restricións.

Durante a xuntanza desta tarde, e tras analizar os datos epidemiolóxicos rexistrados nos últimos días nos concellos da Guarda e As Pontes, o grupo de expertos acordou reforzar os seus niveis de restricións, co que pasarán a formar parte da listaxe de 56 concellos galegos con medidas especiais.

Ademais, cómpre salientar que as localidades de Boiro, A Rúa, A Lama, Ordes e Cerceda, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos.

Sanidade lembra da obrigatoriedade de cumprir todas medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Este mércores, en rolda de prensa, concretarase o impacto destas medidas e doutras referidas á hostalería. 

Comentarios
Lo más