Chega a chuvia a Compostela

Chega a chuvia a Compostela
Chega a chuvia a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 13 graos

O xoves as altas presións retíranse cara ao oeste e deixan a Galicia na influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas, con réxime de ventos do oeste e progresiva entrada de aire frío. Con esta situación, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e con chuvascos, que comezarán polo noroeste e a partir do mediodía serán probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve situarase pola noite nos 1.200 metros, baixando dos 1.000 metros xa na madrugada do venres. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente, especialmente as mínimas con formación de xeadas no interior. O vento soprará de compoñente oeste moderado, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas na segunda metade do día.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o xoves, o venres e o sábado. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más