Padrón presenta unha programación de Nadal adaptada á situación da Covid-19

Padrón presenta unha programación de Nadal adaptada á situación da Covid-19
Padrón presenta unha programación de Nadal adaptada á situación da Covid-19

O Concello de Padrón presenta a programación de Nadal, con numerosas actividades de ocio e cultura organizadas en base as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias recomendadas pola autoridades sanitarias pola pandemia da Covid-19 .

O pistoletazo de saída chegará da man de Grupo Talía Teatro coa representación da peza teatral ‘Lambetadas’ para público infantil e familiar o venres 4 de decembro ás 18:00 horas. Na mesma xornada, ás 20:00 horas na praza de Macías terá lugar o alumeado de Nadal. 

Cartel nadal



O mércores día 9 inaugurarase o mercado de Nadal cos seus tradicionais postos de venda e, nesta ocasión se as condicións meteorolóxicas o permiten, tamén con postos de venda de palomitas, caramelos e doces ademais de obradoiros infantís. “Dinamizar a campaña de Nadal é un obxectivo claro do noso goberno, por iso presentamos unha amplia oferta cultural e de ocio para as familias, que xunto a campaña de decoración de balcóns e fachadas cremos que animaremos á vila”, explicou Lorena Couso, concelleira de Turismo. 

O venres 11 de decembro o Auditorio Municipal ás 18:00 horas acollerá o espectáculo musical de ‘Cine infantil’, o venres 19 de decembro tamén ás 18:00 horas, Teatro Ghazafellos presenta ‘Monstros no Camiño’, o sábado 19 ás 11:00 horas o concreto sobre os cantos de arrolar ‘Tecendo soños’, o mércores 23 de decembro ás 18:00 horas o concreto ‘A familia Papaventos’ de Charo Pita, o luna 28 de decembro Culturaactiva presenta ‘Rogelio un pallaso en recuperación’, o martes 29 de decembro presentan ‘Bandullo Azul’ e o mércores 30 de decembro Teatro Malasombra representan ‘A tartaruga Manola’. Todo para público infantil e familiar. 

O sábado 26 de decembro ás 11:00 e ás 12:00 horas, Caramuxo Teatro presenta o espectáculo para bebés, ‘Catro’. Para o público adulto o sábado 12 de decembro no Auditorio Municipal terá lugar o Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón ás 19:00 horas, o domingo 13 de decembro ás 18:00 horas na Igrexa de Iría terá un lugar o concerto de Música Barroca, ‘Sons barrocos nas Terras de Iria’, patrocinado por Xacobeo 2021. Para este espectáculo non se entregarán entradas, o aforo será por orde de chegada. 

E o mércores 6 de xaneiro ás 17:00 horas o Concerto de Reis Banda de música municipal de Padrón. Cabalgata de Reis Este ano o formato da Cabalgata de Reis ten que ser diferente aos organizados ata o momento, porén dende o Executivo de Padrón buscaron a mellor opción para manter viva a ilusión dos nenos e nenas da vila. Así, as súas Maxestades de Oriente percorrerán as rúas de Padrón durante todo o día, facendo estacionamentos nos puntos nos que paran os autobuses das liñas locais. O obxectivo é evitar as aglomeracións e procurar que as familias poidan ver aos Reis Magos na vila sempre cunha distancia prudente.

Comentarios
Lo más