A mellor MIR de España está no CHUS

A mellor MIR de España está no CHUS
A mellor MIR de España está no CHUS

O Premio Fundación SEEN (Sociedad Española de Endocronología) á Excelencia en Formación MIR en Endocrinoloxía e Nutrición recaeu este ano en Antía Fernández Pombo, residente entre 2016 e 2020 e desde maio deste ano facultativa no Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Este recoñecemento tivo lugar no último congreso nacional da especialidade desenvolvido  virtualmente, no que o Servizo de Endocrinoloxía da área sanitaria tamén acadou a renovación do Certificado de Calidade para a Unidade de Nutrición que outorga a SEEN así como dúas bolsas por proxectos de investigación de profesionais do servizo:

-       Proxecto de Nutrición Clínica Asociación entre os niveis de metilación dos xenes SOD1, C9orf72, TDP43 e FUS e o tratamento nutricional na evolución de doentes con ELA, liderado pola doutora Ana Cantón

-       Proxecto de valoración da composición corporal mediante ecografía Prevaleza da sarcopenia en doentes con EPOC e o seu impacto na mortalidade trala implantación dun programa de intervención nutricional, liderado polo doutor Miguel Ángel Martínez Olmos.

Antía Fernández Pombo desenvolveu o seu período de formación como especialista na área de Santiago de Compostela ata o mes de maio de 2020 e actualmente é facultativa especialista neste centro. Manifestou a súa ledicia por este recoñecemento xa que “reflicte todo o esforzo e traballo desenvolvido ao longo deste anos e tamén destaca ao Servizo de Endocrinoloxía de Santiago como un bo lugar formador para residentes, porque compaxina tanto unha importante actividade asistencial, coas novas tecnoloxías para a diabetes, a EcoPAAF de tiroides, a unidade de disforia de xénero e un largo etcétera, e tamén unha importante labor investigadora”.

A doutora Fernández Pombo está actualmente centrada en áreas como diabetes mellitus e novas tecnoloxías aplicadas a esta doenza e noutras enfermidades metabólicas, e forma parte da Unidade de Alta Resolución de Nódulo Tiroideo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. No seu período de formación MIR rotou na Universidad de Cambridge, onde afondou coñecementos na patoloxía hipofisaria e na tiroidea. Xa ten publicados 15 artigos científicos, 5 capítulos en 5 libros, 2 guías clínicas. Participa en 10 proxectos de investigación e xa leva realizadas 35 comunicacións orais en congresos nacionais e europeos, 13 ponencias en cursos e 5 premios ás mellores comunicacións e ao mellor proxecto de invitación por parte de diferentes sociedades científicas.

Prevaleza da sarcopenia en pacientes con enfermidades crónicas e o seu impacto na mortalidade trala implantación dun programa de intervención nutricional

As enfermidades crónicas son unha das principais causas de morbilidade e mortalidade no mundo, a deterioración clínica asociada a elas reduce a calidade de vida do paciente polo que tratamentos adicionais que o melloren, como o soporte nutricional, están en auxe. Estímase que a prevaleza de desnutrición hospitalaria alcanza cifras do 30% e a prevaleza de sarcopenia (pérdida de masa muscular), dependendo das poboacións estudadas, podería alcanzar cifras do 80%. A perda de masa muscular asociada á desnutrición contribúe á diminucioìn da funcioìn muìsculo esqueleìtica, á reduccioìn da capacidade de exercicio, á merma da calidade de vida e ao aumento de ingresos hospitalarios e mortalidade.

“Ata o de agora, diferentes investigacións describiron o beneficio dos programas de intervención nutricional en pacientes hospitalizados con desnutrición, pero descoñécese o efecto en pacientes ambulatorios que presentan sarcopenia, asociada ou non, a desnutrición”, destaca Martinez Olmos. Así, o proxecto becado pola SEEN será un estudo exploratorio prospectivo dun só grupo de intervención de 30 pacientes co obxectivo principal de avaliar a prevaleza de sarcopenia e o seu impacto na mortalidade en pacientes con enfermidades crónicas, así como a súa melloría nos 6 e 12 meses seguintes tras a implementación do programa de intervención nutricional.

A intervención consiste na valoración e prescrición de nutrición segundo práctica clínica habitual dos profesionais establecida polos protocolos da Unidade de Nutrición e do Comité de Nutrición na área sanitaria compostelá e analizaranse os datos antes e despois da intervención nutricional. Os participantes serán pacientes ambulatorios con enfermidades crónicas que acudan ás consultas de nutrición desde xaneiro do 2021 ata decembro de 2021. A Unidade de Nutrición, con Certificado de Calidade pola norma UNE- ISO, conta cun equipo de médicos especialistas en Endocrinoloxía e Nutrición, enfermeiras e dietistas os cales incorporarán a valoración destes pacientes á súa práctica clínica diaria.

O investigador principal do proxecto becado é Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Tamén participan Ana Cantoìn Blanco, Gemma Rodríguez Carnero, Antiìa Fernandez Pombo, Ana Beleìn Crujeiras Martiìnez e Rocío Villar Taibo.

"Asociación entre os niveis de metilación dos xenes SOD1, C9 orf72, TDP43 e FUS e o tratamento clínico nutricional na evolución de pacientes con ELA"

A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa con elevada prevaleza e ten un importante impacto sobre o estado nutricional. A instauración dun tratamento nutricional adecuado pode evitar a aparición de desnutrición e o incremento do risco de morte. Con todo, obsérvase unha gran variabilidade no prognóstico dos pacientes a pesar de seguir un tratamento nutricional adecuado.

As diferenzas na supervivencia dos pacientes con ELA que reciben un tratamento nutricional poderían estar determinadas por mecanismos epixenéticos. Neste contexto, o obxectivo principal deste proxecto é levar a cabo un estudo piloto para avaliar os niveis de metilación de xenes previamente relacionados coa ELA en leucocitos de sangue periférico procedente de pacientes que reciben un tratamento nutricional cunha supervivencia superior a dous anos e comparalos con aqueles pacientes que seguindo un tratamento nutricional similar presentaron unha evolución grave ou rápida da enfermidade con falecemento antes de dous anos.

“Os resultados deste estudo poderían achegar biomarcadores moleculares, en mostras obtidas de modo non invasivo, que serían útiles para a formulación dunha estratexia clínico nutricional máis personalizada, dirixida a reverter as marcas epixenéticas e a mellorar o prognóstico desta enfermidade”, subliña a doutora Cantón.

Para a consecución do presente proxecto cóntase coa participación de membros dos servizos de Neuroloxía, de Endocrinoloxía e do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). Investigadores colaboradores: Julio Pardo Fernández, Tania García Sobrino, Ana Belén Crujeiras Martínez, Miguel A Martínez-Olmos, Gemma Rodriguez Carneiro, Antía Fernandez Pombo e Andrea González Izquierdo

Comentarios
Lo más