Oroso destina 120 mil euros a subvencionar actividades deportivas e culturais de asociacións locais

Oroso destina 120 mil euros a subvencionar actividades deportivas e culturais de asociacións locais
Oroso destina 120 mil euros a subvencionar actividades deportivas e culturais de asociacións locais

O Concello de Oroso resolveu a adxudicación de subvencións para actividades deportivas e culturais desenvolvidas por asociacións e entidades locais, ademais das destinadas a bolsas de estudo.

En concreto, serán 120.000 euros que recibirán, por un lado, as entidades cidadáns (culturais, comerciais, veciñais e Anpas), e por outra parte as asociacións deportivas. Este ano, ademais dos clubs, o concello concede bolsas para os deportistas individuais.

Con esta partida económica, o concello respalda a actividade do tecido asociativo local, fundamental en eidos tan importantes para o goberno local como a cultura e o deporte.

Ademais destas subvencións, o concello patrocina ou colabora con numerosas actividades ao longo do ano, como competicións deportivas, espectáculos culturais ou eventos organizados polo comercio local.

As asociacións, deportistas e estudantes que recibiron a subvención do concello teñen de prazo ata o día 14 de decembro para xustificar o destino das partidas.

Comentarios
Lo más