Frío e chuvia en Compostela

Frío e chuvia en Compostela
Frío e chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 8 graos

Continuaremos baixo a influencia dunha borrasca centrada sobre as Illas Británicas e con entrada dunha masa de aire polar marítimo. Agárdase unha xornada de ceos moi nubrados con chuvascos puntualmente fortes, que poden vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico, e que serán de neve a partir dos 500-700 metros. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas, con xeadas e sensación de moito frío por mor do vento intenso do noroeste, que soprará moderado no interior e forte con intervalos moi fortes no litoral.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más