Semana de cortes de tráfico por mor de distintas obras

Semana de cortes de tráfico por mor de distintas obras
Semana de cortes de tráfico por mor de distintas obras

Sufrirán cortes a rúa Ponte de Sar, rúa das Trompas e rúa de Porta Faxeira


Dende as 8.00 horas do sábado 5 de decembro ata as 8.00 horas do mércores 9, a rúa da Ponte de Sar vai estar cortada á circulación por mor das obras de reparación do seu firme.

Durante estes catro días o tráfico deberá optar polas vías alternativas, xa sexa empregando a rúa de Diego Bernal e saíndo cara ao barrio das Fontiñas, ou ben pola da rúa do Castiñeiriño e rúa do Restollal.

Cambios no transporte urbano

Debido a este corte, produciranse os seguintes cambios no transporte urbano:

*Sentido Aríns e Fornás: desde pza. Galicia – rúa do Hórreo – Avda. Lugo – rúa Londres – rúa Fontes de Sar – rúa Diego Bernal (multiusos) e itinerario habitual por rúa Ponte de Sar. Paradas suprimidas: (462) rúa Castrón Douro; (516) rúa de Sar de Afora nº 90; (194) Colexiata de Sar; (387) Ponte de Sar nº 22.

*Sentido rúa Valle Inclán: o percorrido inverso, desde a rúa Ponte de Sar por Diego Bernal, rúa Fontes de Sar, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e rúa Curros Enríquez. Paradas suprimidas: (388) Ponte de Sar nº 41; (195) Colexiata de Sar; (515) rúa de Sar de Afora nº 18; (227) Curros Enríquez nº 25.

Corte na rúa das Trompas

O vindeiro domingo, 6 de decembro, a rúa das Trompas permanecerá pechada á circulación, en horario de 7.00 h a 9.00 h, por mor da instalación dun novo transformador eléctrico por parte da empresa Elecnor. Neste horario non poderá acceder ningún vehículo (tampouco aos garaxes e ao aparcamento).

Por outra banda, a rúa de Porta Faxeira, no acceso pola avenida de Figueroa, estará pechada ao tráfico dende o luns 7 de decembro e durante cinco días, por mor das obras de instalación dun sistema de control de accesos na devandita rúa, dentro do proxecto SMARTiAGO. Os vehículos autorizados e os de carga e descarga poderán acceder pola rúa de Cardeal Payá.

Comentarios