Denuncian grave colapso das urxencias do CHUS

Denuncian grave colapso das urxencias do CHUS
Denuncian grave colapso das urxencias do CHUS

Os días 26 e 27 de novembro

A asociación de pacientes e usuarios do CHUS denuncia nun comunicado que tivo coñecemento dun novo episodio de grave colapso dos servizos de urxencias os días 26 e 27 de novembro. O día 26, segundo lles informan distintos usuarios á asociación, o colapso estivo motivado pola posta en funcionamento dunha nova aplicación en fase de implantación, que provocou situacións de paralización no proceso de atención. Onte pola mañá produciuse unha caída do novo sistema, e os corredores de acceso volveron a estar ocupados con pacientes en cadeiras de rodas e padiolas, a pesares de ter postos baleiros por non ter asignada dotación de persoal. 



Dende a ascociación apuntana que lles parece "unha irresponsabilidade que pon a saúde dos pacientes en perigo que nun contexto de pandemia como o que estamos vivindo que se verá rapidamente agravada ca epidemia da gripe, se implante unha nova aplicación que, como todas as innovacións teñen unha fase de implantación que afecta a normalidade de funcionamento e que neste caso afecta a atención e saúde das persoas. A xerencia do CHUS parece non decatarse do que está acontecendo e segue dando prioridade a decisións administrativas e organizativas sobre as asistenciais". 

Comentarios
Lo más