O mercadillo chega a Fontiñas no medio de críticas e con cortes de tráfico

O mercadillo chega a Fontiñas no medio de críticas e con cortes de tráfico
O mercadillo chega a Fontiñas no medio de críticas e con cortes de tráfico

Accederá á rúa de Roma e continuará por Londres co seu itinerario habitual.*Sentido centro – Amio: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual pola rúa de San Lázaro.-Liña C11: *Sentido C. C. As Cancelas – centro: desde a rúa do Valiño, non poderá xirar á rúa de París, co que continuará para coller a rúa de Roma e despois por Londres retomando o seu percorrido habitual.*Sentido centro – C. C. As Cancelas: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual polo Camiño Francés.Paradas alternativas:*Na rúa de Roma, en sentido de baixada: Roma con Praga e Roma con Varsovia.*Na rúa de Roma, en sentido de subida: Roma fronte ao acceso a Área Central e Roma con Bruxelas.O BNG FAISE ECO DAS QUEIXAS DOS VECIÑOSA portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reuniuse con representantes do barrio das Fontiñas que consideran inapropiada a decisión do Goberno local de instalar os sábados o mercado ambulante na rúa París sen ter en conta a opinión da veciñanza.No encontro con Goretti Sanmartín participaron Maribel Cao e Agustín del Río, en representación deste colectivo de persoas afectadas.

Con motivo da instalación na rúa París do mercadiño de venda ambulante, pecharase ao tráfico esta vía os sábados 5, 12, 19 e 26 de decembro e 2 de xaneiro de 2021. O horario do mercadiño será de 9.00 h a 14.00 h, se ben os comerciantes disporán de media hora antes e media hora despois do devandito horario para colocación e recollida dos postos. Por este motivo, todos os vehículos estacionados na devandita rúa deberán ser retirados antes das 8.30 h de cada sábado. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.

Desvío nas liñas de transporte urbano (a partir do sábado 5/12, de 9:00 a 15:00)

As liñas afectadas son todas as liñas circulares: C2, C4, C5, C6 e C11

Quedarán suprimidas as seguintes paradas do transporte urbano: 365, París (parque) / 300, Madrid nº 17 / 132, Bruxelas / 364, París (Área Central) / 360, París (Área Central subida) / 361, París (cruce Bruxelas) / 363, París (cruce Moscova) / 322, Moscova / 636, rúa do Valiño nº 2 (para as liñas C5 e C6)

Desvíos por liña e traxecto:

-Liña C2: desde a rúa de Roma, en lugar de xirar cara a rúa Moscova terá que continuar pola rúa de Roma ata a finalización da mesma e despois pola rúa de Londres.

-Liña C4: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual polo Camiño Francés.

-Liñas C5 e C6: *Sentido Amio – centro: desde a rúa de San Lázaro, para acceder á rúa Roma terá que facer o cambio de sentido na rotonda de acceso ao centro comercial (Camiño Francés con Monte dos Postes). Accederá á rúa de Roma e continuará por Londres co seu itinerario habitual.

*Sentido centro – Amio: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual pola rúa de San Lázaro.

-Liña C11: *Sentido C. C. As Cancelas – centro: desde a rúa do Valiño, non poderá xirar á rúa de París, co que continuará para coller a rúa de Roma e despois por Londres retomando o seu percorrido habitual.

*Sentido centro – C. C. As Cancelas: desde a rúa Londres, en lugar de xirar cara a rúa de París, continuará ata a finalización de Londres e despois por Roma, continuando o seu itinerario habitual polo Camiño Francés.

Paradas alternativas:

*Na rúa de Roma, en sentido de baixada: Roma con Praga e Roma con Varsovia.

*Na rúa de Roma, en sentido de subida: Roma fronte ao acceso a Área Central e Roma con Bruxelas.

O BNG FAISE ECO DAS QUEIXAS DOS VECIÑOS

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reuniuse con representantes do barrio das Fontiñas que consideran inapropiada a decisión do Goberno local de instalar os sábados o mercado ambulante na rúa París sen ter en conta a opinión da veciñanza.

No encontro con Goretti Sanmartín participaron Maribel Cao e Agustín del Río, en representación deste colectivo de persoas afectadas. Deste xeito, escoitou as razóns polas que presidentas e presidentes de comunidades de veciñais de diferentes residenciais, que engloban arredor de 1000 vivendas e, aproximadamente, 3.000 veciños e veciñas, veñen de solicitarlle por escrito ao alcalde a paralización deste mercado e a proposta do seu desprazamento ao perímetro interior do centro comercial de Área Central.

“Non é a primeira vez que este Goberno municipal falta á verdade, que di que houbo diálogo e consenso, cando a realidade é que non houbo planificación, consenso nin acordo”, sinalou Goretti Sanmartín. “O primeiro que ten que facer este Goberno local é  poñer por diante de todo a participación, o debate e o diálogo na procura dunha fórmula que sexa boa e beneficiosa para o conxunto da veciñanza”, engadiu.

Este colectivo veciñal estima que este barrio nin conta coas condicións axeitadas para albergar este mercado nin o momento actual, en plena pandemia pola covid-19, parece o máis apropiado para tomar este tipo de decisións.

A iso súmanlle os problemas de aparcadoiro, a sobrecarga de tráfico, a redución da mobilidade dos residentes, o desvío de autobuses urbanos e a supresión de paradas, corte dunha rúa e redución do espazo de acceso ás vivendas, ademais da xeración de ruídos e outras molestias nunha rúa non deseñada para este tipo de comercio cando os veciños e veciñas se estabeleceron nela.

Tampouco concordan coa medida necesaria de verse na obriga de ter que retirar máis de 150 vehículos das prazas de aparcadoiro todos os sábados ou venres pola noite, para que poidan bloquear toda a rúa e cortala ao tráfico. Deste xeito, este colectivo propón que se o Concello pretende realizar o mercado coa intención de revitalizar o centro comercial de Área Central, estas instalacións dispoñen dun perímetro interior cuberto para uso comercial que pode ser un lugar axeitado para acoller este mercado.

Comentarios
Lo más