O JERUBEX Santiago Futsal, a por os primeiros 3 puntos en Santa Isabel.

O JERUBEX Santiago Futsal, a por os primeiros 3 puntos en Santa Isabel.
O JERUBEX Santiago Futsal, a por os primeiros 3 puntos en Santa Isabel.

Este sábado ás 19 horas

O JERUBEX Santiago Futsal disputará este sábado en Santa Isabel ás 19:00 horas un novo partido ligueiro, nesta ocasión contra o CD Rivas Futsal. Os santiagueses chegan ao partido coa intención de conseguir a súa primeira vitoria en Santa Isabel nesta tempada 20-21, ante uns madrileños tamén necesitados de puntos e que encadean catro derrotas consecutivas.

Para o encontro os locais contarán coas baixas confirmadas de Álex Áres e Javi López, e coa participación de Porto aínda no aire ao estar pendente da evolución das súas molestias musculares que xa o deixaron fóra da convocatoria a xornada pasada.

“Despois de case un mes, o equipo tivo unha semana enteira de adestramentos, sen partidos entre semana nin paróns imprevistos, o que nos veu moi ben. O equipo adestrou a un bo nivel, cada día que pasa achegámonos máis ao que queremos ser, pero o tempo aprema e debemos alcanzar nosa mellor versión canto antes” comentou David Rial.

“Tras as dúas primeiras xornadas o equipo madurou moito a nivel competitivo, e mañá esperamos un partido totalmente diferente polo perfil e características do rival. Sairemos a ser nós desde principio, queremos os 3 primeiros puntos da tempada e que mellor que conseguilos o día da volta da nosa xente a Santa Isabel” expresou o adestrador.

Finalmente, despois de xestións ao longo de todo o venres co Concello de Santiago, poderán acceder os 100 abonados (adultos e infantís) realizados na primeira fase da campaña deste ano, superando a previsión de 60 asistentes iniciais, e tendo que presentar o seu DNI na porta de Santa Isabel. O partido retransmitirase tamén a través de LaLiga Sports, grazas á colaboración da LNFS.

Comentarios
Lo más