A chuvia e o frío non dan tregua en Compostela

A chuvia e o frío non dan tregua en Compostela
A chuvia e o frío non dan tregua en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 5 e os 8 graos

O sábado Galicia continuará na influencia dunha borrasca centrada ao norte de Francia e con aire frío nas capas medias e altas da atmosfera. Así agárdase unha xornada de ceos moi nubrados con chuvascos máis frecuentes e persistentes na metade norte onde poderán vir ocasionalmente acompañados de sarabia. A cota de neve comezará nos 700 m e irá en progresivo ascenso ata os 900 m á noite. As temperaturas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará forte do noroeste.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral ascenderán moderadamente.

Comentarios