Detectan 21 positivos nunha residencia de Ribeira unha semana despois de vacinarse

Detectan 21 positivos nunha residencia de Ribeira unha semana despois de vacinarse
Detectan 21 positivos nunha residencia de Ribeira unha semana despois de vacinarse

A residencia non tivo casos na primeira ola

Na residencia de maiores que xestiona DomusVi en Ribeira resistiron na primeira onda sen positivos, sen embargo, agora nun cribado detectouse un gromo. Son 21 os positivos confirmados nas últimas probas: 19 usuarios e 2 traballadores.

Desde DomusVi informaron de que os dous traballadores contaxiados están illados nos seus domicilios e que o centro se está sectorizando e resituando os residentes. Dáse a circunstancia de que a semana pasada os usuarios e traballadores desta residencia recibiron a primeira dose da vacina contra a covid-19.

Pero desde Sanidade e Política Social insisten en que non hai motivo para a alarma porque entra dentro do normal. Cren que os contaxios puideron producirse antes de recibir a vacina e tampouco é un efecto adverso do fármaco.


Comentarios
Lo más