Denuncian a 'indignante' situación da UCI do CHUS

Denuncian a 'indignante' situación da UCI do CHUS
Denuncian a 'indignante' situación da UCI do CHUS

Dende a Asociación de pacientes apoian as protestas dos profesionais sanitarios da UCI

Os profesionais sanitarios da UCI do CHUS levan semanas mobilizándose para esixir instalacións e equipamento que debería ser esencial en calquera unidade que cumpra uns criterios mínimos de calidade e dignidade para a atención dos usuarios que presentan unha gravidade extrema e que, nun contexto de pandemia, deberían ser melloradas con urxencia, pois, se sempre están en xogo vidas humanas, nesta situación iso ocorre cun elevado número de cidadáns. Os responsables do SERGAS e da xerencia non só non actúan, senón que nin tan sequera se senten obrigados a facelo, denuncian dende a asociación de pacientes. 


 Estase facendo fronte a unha situación de estrés para a atención sanitaria cos recursos, ou falta de recursos, para sermos máis precisos, que xa estabamos padecendo antes. E todo isto nun contexto de grave incidencia e gran transmisión comunitaria na área sanitaria de Santiago- A Barbanza, unha das mais afectadas de Galiza, sen que elo leve aparellado medida alguna de protección e prevención no ámbito dos centros saúde e de atención especilizada.

Pero cales son as condicións materiais da UCI na que desenvolven a súas tarefas os profesionais sanitarios e na que somos ingresados os pacientes da Covid-19? Dende a Asociación de pacientes detallan as seguintes:

1. En canto á acomodación dos doentes, as camas están amontoadas e abertas, separadas con cortinas de plástico, sen a mínima distancia de seguridade, o que non só constitúen un perigo constante para o persoal do servizo, senón que ademais vulneran o dereito fundamental á intimidade e á dignidade dos pacientes e poñen en risco a integridade do sistema público de saúde de producirse un contaxio en cadea do persoal sanitario.

129775103 2991721184261099 2828307318964597656 n

2. En canto a elementos auxiliares, cuestións como as seguintes: estantes metálicos nos que se coloca o equipamento sanitario corroídos polo óxido; portas deterioradas e amarradas con cordas ou con cuñas de papel para poder mantelas abertas e garantir a ventilación imprescindible do espazo; trípodes para a aplicación de medicamentos suxeitas por fita plástica para permitir a súa funcionalidade; mesas de ordenador que se manteñen en uso empregando agullas hipodérmicas de cargar para administrar medicamentos; enchufes colocados nas paredes en condicións que non garanten un uso seguro...

IMG 2546



3. En canto ao confort dos ingresados, destaca a carencia de mantas e almofadas suficientes para paliar o frío dos ingresados na unidade, tendo que recorrer o persoal a todo tipo de solucións artesanais que alivien as condicións materiais dos pacientes.

4. Material básico da UCI, como os respiradores, que debería ser subministrados polo SERGAS, doados por entidades financeiras que teñen a indecencia e baixa catadura moral, consentida polos responsables sanitarios, de facer publicidade da súa marca nun lugar e nunha situación onde as persoas están pelexando entre a vida e a morte.

129382616 430314357968894 5835671190890854467 n


Ante esta situación, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS quere manifestar o seu apoio e agradecemento ao persoal sanitario da UCI polo seu esforzo asistencial e reivindicativo e esixe á xerencia do SERGAS e do CHUS que fagan fronte realmente á situación extrema que nos toca vivir e poña os recursos necesarios para unha UCI digna. 

Comentarios
Lo más