Suben un pouco as temperaturas pero o frío segue a ser protagonista

Suben un pouco as temperaturas pero o frío segue a ser protagonista
Suben un pouco as temperaturas pero o frío segue a ser protagonista

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 3 e os 8 graos

O domingo Galicia queda na influencia das altas presións, con ventos intensos do nordés. Así, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con apertura de grandes claros pola tarde no sur e oeste da Comunidade. No terzo norte da provincia de Lugo son probables chuvascos ocasionais, de neve en cotas arredor dos 600 metros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, aínda así seguiranse formando xeadas de madrugada e a sensación térmica será de frío intenso por mor dos ventos fortes do nordés.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios. Vento forte do Norte do sábado pola tarde ó domingo pola mañá.



Comentarios
Lo más