Instálanse en Ames 2 columnas de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas

Instálanse en Ames 2 columnas de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas
Instálanse en Ames 2 columnas de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas

Dúas columnas AIR-TOOL-WAHS facilitarán o lavado, a reparación e o inchado de rodas aos/ás ciclistas de Ames

O servizo, que poderá ser utilizado por toda a veciñanza de Ames, é gratuíto. Xa está instalada na Casa da Cultura do Milladoiro a primeira destas columnas e nestes días arranxaranse os problemas de presión de auga que agromaron tras a súa posta en funcionamento. A columna de Bertamiráns, que se emprazará no aparcadoiro da Telleira, estará colocada en breve. A iniciativa, que parte da Concellaría de  Mobilidade, foi financiada con fondos municipais e ten como obxectivo facilitar o coidado das bicicletas a todas aquelas persoas que non posúen un lugar propio onde facelo.

As columnas AIR-TOOL-WAHS adquiríronse en Bilbao, cidade paradigma en proxectos e actuacións que facilitan a mobilidade. Integran na mesma estrutura un sistema de inflado de rodas, unha estación de autoreparación e un sistema de lavado. Están fixadas a unha base de formigón que se nivela mediante catro ancoraxes de expansión. A estrutura é de aceiro inoxidable, pesa 36 quilos e posúe un sistema de inflado xiratorio antivandálico provisto dunha mangueira unida a unha bomba hidráulica. Compleméntase cun manómetro a presión e conta cun xogo de 8 ferramentas unidas á columna con cables de aceiro individuais extensibles. O sistema de lavado ofrece a posibilidade de personalizar o tempo de pulverización. 


En breve, procederase tamén á sinalización deste servizo que é gratuíto e aberto a toda a veciñanza de Ames.

Comentarios