As vacinas da Covid nos luns do Ateneo

As vacinas da Covid nos luns do Ateneo
As vacinas da Covid nos luns do Ateneo

María Jesús Lamas, Directora da Axencia Española do Medicamento, analizará este luns o percorrido vivido nesta busca da inmunidade

Este luns 11 de xaneiro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada ‘Un camiño de éxito ata as vacinas da covid’, que será impartida por María Jesús Lamas, Directora da Axencia Española do Medicamento.

As vacinas da covid son unha das principais inquedanzas da sociedade a nivel global, e tamén no noso país. Malia ter comezado xa o proceso de vacinación, son moitas as persoas que seguen a ter dúbidas con respecto a elas, non só da súa eficacia, senón da elaboración, do plan de vacinación, beneficios, efectos secundarios...Todos estes e moitos outros aspectos serán tratados pola conferenciante.

María Jesús Lamas é unha farmacéutica e investigadora galega, licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorada tamén por esta universidade coa tese Estudo farmacoxenético do cancro colorrectal. Lamas comezou como residente deFarmacia (FIR) no Hospital Clínico de Santiago (CHUS), servizo no que permaneceu máis de 20 anos. Ao mesmo tempo, coordinaba a Área de Plataformas e Metodoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS- ISCII) e de 2012 a 2016 foi tamén directora de Investigación da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH). Na actualidade e dende 2018 é directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.      

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina webAteneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter:@AteneoSantiago


As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e enviarse ao WhatsApp do Ateneo 622 274 110

Comentarios