Tempo soleado e frío en Compostela

Tempo soleado e frío en Compostela
Tempo soleado e frío en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 3 e os 9 graos

As altas presións e os ventos do nordés dominarán a situación en Galicia e continuarán achegando estabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, agás pola presenza de nubes de estancamento en comarcas cantábricas e néboas matinais en vales do interior. As temperaturas mínimas descenderán e as xeadas serán de novo intensas en puntos do interior; as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán do nordés, con intervalos de moderado no litoral.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.



Comentarios