Piden outro pacto con Santiago para recuperar a liña de Ortoño

Piden outro pacto con Santiago para recuperar a liña de Ortoño
Piden outro pacto con Santiago para recuperar a liña de Ortoño

A restitución inmediata da liña de Ortoño pasa pola firma dun novo convenio entre Santiago e Ames que dende a Xunta de Galicia aprobarían coa máxima dilixencia e coa posta en marcha do “Plan de Mobilidade Urbana” que sofre un retraso de máis de 3 anos.



O PP de Ames reclama nun comunicado ó Concello que reestableza "inmediatamente" a línea de transporte entre Ortoño e Ames acadando un novo convenio con Santiago. 

Os populares insisten en que o goberno local sabía desde o ano 2017 que  que sería suprimida en decembro de 2020, data na que o concello de Santiago daría por finalizado o conveno que posibilitaba esta liña.

"A indolencia do goberno de Ames provocou esta situación a pesar de que o pleno da corporación, por unanimidade, aprobara o Plan Edusi, un programa dotado con 6.250.000 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural que na súa partida “OT4 OES1 OOP1.3/OOP2.2” contempla especificamente 912.000 euros para o “Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público” que está sen executar", apuntan

O rexedor socialista coñecíaque o Transporte Metropolitano no podía cubrir esta liña porque as diversas regulamentacións que hai ao respecto impídeno, "e intenta venderlle a veciñanza que a culpa é doutros con tan de non asumir a súa irresponsabilidade e a súa desidia co rural", sinalan,.

Para os populares, o problema da liña de Ortoño e demais situacións similares relacionadas co transporte da zona rural de Ames, pasa pola implantación deste Plan de Mobilidade Urbana que figura no EDUSI, aprobado por unanimidade plenaria, e que leva un retraso inaceptable. 

Comentarios