O centro de saúde do Milladoiro xa atende doentes

O centro de saúde do Milladoiro xa atende doentes
O centro de saúde do Milladoiro xa atende doentes

O novo centro de Saúde do Milladoiro, que iniciou esta mañá a actividade, uintuplica o espazo respecto ao anterior

Este luns iniciou con normalidade a actividade o novo Centro de Saúde do Milladoiro.

O novo Centro de Saúde de Milladoiro contou cun investimento de 2,6 millóns de euros e unha superficie de máis de 2.100m2, que quintuplica a do anterior centro para dar atención ás preto de 15.000 persoas con tarxeta sanitaria nesta localidade en horario de mañá e de tarde. Estruturado en áreas diferenciadas e funcionais incorpora novos servizos como Fisioterapia e Odontoloxía, ademais dun ecógrafo de última xeración. Como apoio aos novos servizos de odontoloxía e fisioterapia (mañá e tarde) tamén se incorpora unha auxiliar de enfermería ao cadro de persoal do centro, que pasa así a ter preto de 30 profesionais. Para a posta en marcha do centro o centro conta con reforzo de Persoal de Servizos Xerais.

Comentarios
Lo más