Máis frío para Compostela

Máis frío para Compostela
Máis frío para Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarén entre os 2 e os 10 graos

As altas presións localizaranse entre os Azores e a península Ibérica, polo que a estabilidade atmosférica seguirá sendo predominante. Deste xeito os ceos estarán moi abertos, agás en vales do interior onde as néboas serán predominantes pola mañá. As temperaturas non terán cambios moi significativos, con lixeiros ascensos das mínimas, aínda que isto non impedirá de novo a presenza de xeadas. Os ventos soprarán frouxos do suroeste no litoral norte e de dirección variable no resto.

En Santiago,  agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá néboas matinais o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios.


Comentarios