Aprobada a apertura do procedemento de licitación das pólizas de seguros da flota de vehículos do Concello

Aprobada a apertura do procedemento de licitación das pólizas de seguros da flota de vehículos do Concello
Aprobada a apertura do procedemento de licitación das pólizas de seguros da flota de vehículos do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente de subministro de concesión das pólizas de seguro da flota de vehículos propiedade do Concello de Santiago e a apertura do procedemento de adxudicación, establecéndose un tipo de licitación de 70.000 euros exentos de IVE. Tamén autorizaron á Fundación Brandomil a publicar copias dos documentos do Fondo Antigo do Arquivo Municipal de Santiago, depositados no Arquivo Histórico Universitario, para o seu proxecto de Bibliotecta Virtual de Brandomil.

Ademais, concedéronse varias licenzas. Entre elas a solicitada pola empresa Plenoil, S.L., para a construción de distintas instalacións de venda polo miúdo de combustible en réxime desatendido no polígono de Costa Vella, cun orzamento de execución material de 334.443,65 euros. As actuacións consistirán na instalación da unidade de subministro de gasóleo e gasolina con zona de almacenamento de combustible e repostaxe, con tres surtidores. Tamén se levantará unha marquesiña de 280 metros cadrados, e unha caseta de 19,80 metros cadrados, dunha soa planta de oficinas, que se completará cunha área de vending, caixeiro e aseos, aparcamento e monolito de prezos cunha ocupación de 1.152 metros cadrados.


Tamén se acordou concender a licenza de obra a Suministros Calefón, para a construción dunha nave industrial no polígono de Costa Vella, cun orzamento de execución material de 55.674,52 euros. Constará dunha planta soto e tres plantas a maiores, cunha ocupación en planta de 3.854,03 metros cadrados, unha altura de 12 metros e unha superficie construíble total de 8.275,30 metros cadrados dos que 7.741,19 serán metros útiles. A maiores, na Xunta de Goberno rexeitouse un recurso de reposición e deuse conta de varias sentenzas. 

Comentarios
Lo más