Corte no acceso á zona histórica pola rúa da Porta da Pena

Corte no acceso á zona histórica  pola rúa da Porta da Pena
Corte no acceso á zona histórica pola rúa da Porta da Pena

Por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos

Ao longo da mañá do martes día 12 de xaneiro e ata o xoves día 14 (incluído) quedará cortada ao tráfico a entrada á zona monumental pola porta de acceso da rúa da Porta da Pena, por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos, dentro do proxecto SMARTiAGO.

Os vehículos autorizados accederán pola praza de San Miguel dos Agros. Os de carga e descarga farano dende a rúa do Hospitaliño ou dende a praza de Cervantes, segundo proceda.

Comentarios