Nova poxa de obxectos perdidos do Concello de Santiago

Nova poxa de obxectos perdidos do Concello de Santiago
Nova poxa de obxectos perdidos do Concello de Santiago

Ata o 25 de xaneiro, as persoas interesadas poden poxar polos obxectos perdidos na vía pública e depositados nas dependencias da Policía Local do concello de Santiago de Compostela

A poxa lévaa a cabo, igual que a do pasado novembro, a empresa Sala Retiro. Son un total de 291 pezas as que se sacan á venda a través da web da Sala Retiro.

Entre os obxectos non reclamados que se poden atopar, figuran desde teléfonos iPhone a bicicletas, artigos de feira, cámaras de fotos, berces de viaxe, lotes de xoias de ouro e prata, ou reloxos. Os prezos de saída dos diferentes lotes adáptanse a todos os petos. Pódense atopar bicicletas e cámaras dixitais por 5euros, ordenadores portátiles por 20euros, ou reloxos que van desde un euro ata os 400 euros, no caso dunha peza de pulseira de Cartier Chronoscaph 24.

Tamén hai obxectos curiosos, como un maletín de xinecólogo con instrumental médico no seu interior, cun prezo de saída de 30 euros, un lector portátil para chip de animais allflex que sae en 20 euros, unha audioguía de museo ou unha cámara de cinema Paillard Bolex H16 cun prezo de saída de 5 euros.

Esta é a segunda poxa de obxectos perdidos durante este mandato. Na primeira poxa, celebrada en novembro tamén en colaboración coa Sala Retiro, saíron a venda 150 obxectos, por un valor de 5.000 euros. Vendéronse todos por 9.500 euros. 
Comentarios
Lo más