A exposición “Dobre Quadratura” ábrese este mércores na Casa do Cabido
Dos artistas galegos Lois Patiño e Jorge Perianes
A Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle a exposición”Dobre Quadratura”, con instalacións dos artistas Lois Patiño e Jorge Perianes.
Tal como indica a comisaria da mostra, Mercedes Rozas, , “trátase dunha mostra que enxalza o espírito barroco da Casa do Cabido, auspiciando a idea do misterio que se oculta tras o pano pétreo da súa fachada. E, como na vella técnica pictórica da Quadratura, na que o engano artístico propiciaba que as figuras flotasen elevándose nun imaxinario ascenso cara ao firmamento, os dous artistas, Lois Patiño e Jorge Perianes, interveñen o espazo das salas, creando o seu singular acto escénico”.
A exposición poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido pecha ao público.