Padrón mellora as instalacións municipais da Biblioteca para que sexa máis accesible

Padrón mellora as instalacións municipais da  Biblioteca para que sexa máis accesible
Padrón mellora as instalacións municipais da Biblioteca para que sexa máis accesible

A reforma durou un mes e custou 16 mil euros

O Executivo do Concello de Padrón vén de facer unha inversión de máis de 16.000 euros para mellorar a accesibilidade e o saneamento do edificio municipal. Así, elimináronse todas as barreiras arquitectónicas tanto do acceso ao edificio coma do xardín da parte traseira do inmoble. A execución desta reforma tivo unha duración aproximada dun mes, e rematou na entrada do mes de decembro.

Pola súa banda, os aseos presentaban problemas de saneamento, polo que se instalaron novas tubaxes de evacuación que se integran no saneamento do concello. A reforma integral dos cuartos de baño da biblioteca implican a instalación de novos aparatos sanitarios, de novos alicatados, da renovación da carpintaría, da reforma do sistema de electricidade e unha nova organización do espazo. Na actualidade os aseos son máis sostibles e fomentan o aforro enerxético, e permiten a autonomía absoluta dunha persoa con mobilidade reducida.

Comentarios