Sol e frío en Compostela
08:00 13/01/21
08:00 13/01/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre 1 e 12 graos
As altas presións manteranse unha xornada máis ao oeste da península Ibérica achegando estabilidade. Deste xeito os ceos estarán en xeral pouco anubrados ou despexados, con néboas matinais no interior e algunhas nubes baixas no litoral atlántico. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.
En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios.