Corte na entrada á zona monumental pola Rúa das Casas Reais

Corte na entrada á zona monumental  pola Rúa das Casas Reais
Corte na entrada á zona monumental pola Rúa das Casas Reais

Por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos

Dende o xoves día 14 de xaneiro e ata o luns día 18 (incluido) queda cortado ao tráfico a entrada á zona monumental pola porta de acceso sita na Rúa das Casas Reais, por mor das obras de modificación do sistema de control de accesos en dita rúa (proxecto Smartiago).

Os vehículos autorizados e os de carga e descarga accederán pola Rúa da Algalia de Abaixo.

Comentarios