A Biblioteca Universitaria reforza a oferta de prazas para o estudo durante as fins de semana

A Biblioteca Universitaria reforza a oferta de prazas para o estudo durante as fins de semana
A Biblioteca Universitaria reforza a oferta de prazas para o estudo durante as fins de semana

O horario de apertura será de 10.00 a 19.30 horas

O número de prazas dispoñibles nas bibliotecas e salas de lectura da USC abertas en período extraordinario verase incrementado nas fins de semana do 16-17 e 23-24 de xaneiro. En concreto, ofertaranse 100 prazas adicionais na Sala de Estudo da Facultade de Dereito. O horario de apertura estenderase entre as 10.00 e as 19.30 horas.

Deste xeito, a USC oferta 326 prazas na Biblioteca Concepción Arenal; 118 prazas na Biblioteca da Facultade de Matemáticas; 100 prazas na Sala de estudo da Facultade de Dereito; 120 na Biblioteca da facultade de Filoloxía; e 117 prazas na Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. No Campus de Lugo, o alumnado ten ao seu dispor 211 prazas na Biblioteca Intercentros de Lugo. Nesta ligazón, poden consultarse os horarios de cada centro.

Comentarios
Lo más