O ceo ponse gris e deixa chuvia en Compostela

O ceo ponse gris e deixa chuvia en Compostela
O ceo ponse gris e deixa chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 4 e os 10 graos

O xoves unha fronte pouco activa chegará polo noroeste de Galicia. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto e con posibilidade de precipitacións moi febles, máis probables polo noroeste do territorio. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Haberá néboas matinais o venres. Agárdanse precipitacións o xoves pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso notable e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más