O 20 de xaneiro celébrase o pleno de aprobación da conta xeral de 2019, e o día 30 está previsto o do debate sobre o estado do municipio

O 20 de xaneiro celébrase o pleno de aprobación da conta xeral de 2019, e o día 30 está previsto o do debate sobre o estado do municipio
O 20 de xaneiro celébrase o pleno de aprobación da conta xeral de 2019, e o día 30 está previsto o do debate sobre o estado do municipio

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo anunciou en rolda de prensa a celebración, nos vindeiros días, de tres plenos: o día 20, que tería como obxecto a aprobación da conta xeral do Concello de Santiago do ano 2019; o pleno ordinario do día 28; e a sesión de debate do estado do municipio, que previsiblemente se celebrará, segundo informou o rexedor, o 30 de xaneiro.

Sánchez Bugallo explicou que o prazo de aprobación da conta xeral do concello establecido polo Consello de Contas finaliza o 22 de xaneiro, polo que ese punto xa non se pode tratar na sesión plenaria do 28. De aí que se axendara para o 20 de xaneiro ás nove e media da mañá.

O rexedor confirmou que o pleno ordinario do día 28 dará comezo ás dez da mañá. En canto o do día 30, indicou que o criterio "é seguir coa data do sábado, mantendo a tradición dos anos en que se celebrou", porque, lembrou "nos últimos oito anos so se convocou unha vez". No pleno de debate sobre o estado do municipio o goberno local fai un balance do exercicio pasado e anuncianse as previsións para este ano. En canto á oposición realiza unha valoración da xestión municipal e explica as súas prioridades para o futuro.

Liña de transporte a Ortoño
A preguntas dos xornalistas sobre o servizo de autobús á parroquia de Ortoño, o alcalde sinalou que "esa liña veuna asumindo o Concello de Santiago desde 1991. Durante trinta anos veu pagando o custe dunha liña cuxos usuarios eran cidadáns doutro municipio". Explicou que cando se plantexou a nova concesión, o goberno local amosouse disposto a reunirse co concello de Ames e coa Xunta e pór en marcha esa liña, "pero o que non podemos asumir é o custe correspondente á súa prolongación, cando esa prolongación é fóra do municipio compostelá". "No noso concurso, de entrada, convocamos a liña dentro dos nosos límites territoriais", engadiu

O rexedor subliñou que "estamos abertos, se a Xunta de Galicia o autoriza" a esa prolongación a Ortoño, "sempre que sea o Concello de Ames, a administración autonómica, ou os dous, os que se fagan cargo dos custes". O alcalde cifrou o déficit desa liña, asumido polo concello de Santiago "en torno aos 80.000 euros anuais". 

Comentarios
Lo más